lunes, noviembre 11

Cabanas completa a campaña primaveral de trampeo da velutina

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, A través da Concellaría de Servizos, procedeu á retirada do trampeo primaveral contra a vespa velutina, logo de ter analizado os datos proporcionados por Protección Civil nos que se informaba da aparición e retirada dos primeiros niños de velutina.

En total retiráronse 1559 raíñas, unha cifra elevada, e máis se se ten en conta que na primeira revisión, levada a cabo no mes de marzo, a cifra era de 298 raíñas capturadas. Máis aló do aumento do trampeo, observouse que este ano resultou especialmente prolífico, algo que as e os expertos atribúen a termos tido un inverno suave.

Desde o Concello de Cabanas ínstase á veciñanza a extremar as precaucións á hora de realizar traballos agrícolas ou de desbroce, así como tamén a revisar a cotío tellados e galpóns, lugares que adoitan escoller as velutinas para instalar os seus niños, e lembra que ante o menor indicio da presenza dun niño é preciso chamar ao 112 para a súa retirada.

O Concello de Cabanas quere agradecer tamén a toda a veciñanza que se foi sumando ás campañas de trampeo que se veñen realizando no concello desde 2018 para controlar que esta especie non invada a nosa vila.

Share.

.