Martes, Novembro 30

Cabanas avanza na execución de varias obras de mellora de camiños, abastecemento e parques infantís

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de infraestruturas e parques, informa dos avances en varias obras que están a levarse a cabo en diferentes puntos do concello.

Nestes días comezaron os traballos de mellora do firme nos camiños de Horta, Pereiro, Río dos Carneiros, Camiño do Rolo e Camiño do Muíño, actuacións financiadas a través do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. Ademais, tamén se están a levar a cabo traballos de mellora da rede de abastecemento da auga, coa eliminación de 650 metros de instalacións previas de fibrocemento e substitución por canalizacións novas de polietileno no Camiño do Río e na Rúa Salgueiros, esta última con financiación autonómica.

Por último, o Concello de Cabanas tamén está a renovar o Parque Infantil de Pedra do Couto, coa instalación de novos xogos destinados ao desfrute das crianzas, así como tamén coa mellora do entorno de estar área recreativa.

A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, avanzou que nas próximas semanas está previsto o inicio das actuacións de saneamento no entorno do Parque do Areal e Travesía do Areal, así como tamén a segunda fase do Camiño do Rolo e Camiño do Pereiro.

Share.

Comments are closed.