Cabanas aproba as actuacións que executará co POS+2022

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pleno da corporación de Cabanas aprobou esta mañá a participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal “POS+ 2022” da Deputación da Coruña, así como tamén no POS+ Adicional 1/2022, para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

A través destes plans, o Concello de Cabanas investirá 154.293,53 € da Achega 2021 en diversas actuacións, entre as que se inclúen a mellora da rodaxe nos camiños municipais de Balvís, Currás, Os Chaos, e Carballo de Abaixo, así como traballos de acondicionamento dunha parcela municipal na Madalena e melloras no Parque do Areal.

Por outra banda, tamén se aprobou o Plan Complementario do ano 2022, no que se inclúe a ampliación da rede de saneamento e augas residuais en Val de Arriba e Pena do Pico, a mellora da capa de rodaxe entre o Día Oito e o cemiterio de Cabanas, así como tamén na Veiga e a reposición do pavimento no treito da Caneta á Igrexa. O conxunto destas actuacións supoñen un investimento de 211.431,86 €.

Así mesmo, o pleno municipal tamén deu luz verde á participación no POS+ Adicional 1/2022. A través deste plan, investiranse 39.966,22 € para financiar o servizo de dependencia.

A participación no POS+2022 foi aprobada cos votos favorábeis dos grupos do goberno (PSOE, BNG e AEC), mentres que os grupos da oposición (PP e Marea de Cabanas) abstivéronse na votación. No que ten a ver coa participación no POS+ Adicional, a proposta foi aprobada polos grupos de goberno (PSOE, BNG e AEC) e o concelleiro da Marea de Cabanas, mentres que o PP votou en contra.

Share.

.