sábado, noviembre 2

Cabanas analiza co Fondo Galego como avanzar no cumprimento da Axenda 2030

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas participou esta mañá nunha xuntanza de traballo por videoconferencia co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, co obxectivo de pór en común os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS).

Por parte do Concello de Cabanas participaron na xuntanza o Tenente Alcalde, Iago Varela, a Concelleira de Igualdade, Paula González, a Concelleira de Servizos Sociais, Diana Rodríguez, ademais de persoal técnico municipal das áreas de Urbanismo, Cultura e Servizos Sociais, mentres que por parte da Secretaría Técnica do Fondo Galego estivo presente Carmen Novas.

A reunión serviu para falar dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel, nos que o Concello de Cabanas leva un tempo traballando a través das diferentes áreas, así como para analizar como poder seguir avanzando, desde o ámbito local, no cumprimento da Axenda 2030.

Share.

.