miércoles, enero 15

Cabanas adxudica a xestión do Punto de Atención á Infancia (PAI) por 158.270,40€

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas informa que licitou e adxudicou o servizo de xestión e atención socio-educativa no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello por un importe total de 158.270,40€. A relación contractual ten unha duración de 2 anos, o que comprende un prezo anual de 79.135,20€. O contrato tamén inclúe a posibilidade dun ano de prórroga.

Ata agora, a empresa responsable do servizo o facía en precario ao ter o contrato vencido. Con esta nova adxudicación, actualízase as condicións permitindo unha maior calidade no servizo ofertado.

O alcalde, Fernando Couce, resaltou o esforzo do Concello para mellorar as condicións do PAI cun contrato en vigor, sendo este un servizo de especial relevancia no marco das políticas sociais para axudar e fomentar a conciliación familiar.

[ES]

El Concello de Cabanas informa que licitó y adjudicó el servicio de gestión y atención socio-educativa en el Punto de Atención a la Infancia (PAI) del Concello por un importe total de 158.270,40€. La relación contractual tiene una duración de 2 años, lo que comprende un precio anual de 79.135,20€. El contrato también incluye la posibilidad de un año de prórroga.

Hasta ahora, la empresa responsable del servicio lo hacía en precario al tener el contrato vencido. Con esta nueva adjudicación, se actualizan las condiciones permitiendo una mayor calidad en el servicio ofertado.

El alcalde, Fernando Couce, resaltó el esfuerzo del Concello para mejorar las condiciones del PAI con un contrato en vigor, siendo este un servicio de especial relevancia en el marco de las políticas sociales para ayudar y fomentar la conciliación familiar.

Share.

.