Cabanas acollerá o próximo martes unha sesión informativa sobre a administración electrónica

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Cabanas acollerá o próximo martes 7 de febreiro ás 11.30h unha sesión informativa do programa “A Administración preto de ti”, que ten por obxectivo achegar a Administración á veciñanza nos concellos de menos de 8.000 habitantes.

Persoal da Subdelegación do Goberno na Coruña desprazarase até o Concello de Cabanas para ofrecer unha charla informativa sobre este Plan de achegamento da Administración e as posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica.

Unha vez finalizada a charla, ofrecerase ás persoas asistentes a posibilidade de obter in situ un certificado electrónico, en concreto o expedido pola FNMT, que é o que maiores posibilidades de interacción proporciona co conxunto das Administracións públicas (limitado a 20 – 25 certificados).

A iniciativa “A Administración Preto de Ti” está enmarcada nas políticas de reto demográfico do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincis (FEMP), para avanzar na elimnación da fenda dixital no teritorio.

Share.

Comments are closed.