Domingo, Setembro 26

Cabanas abrirá o prazo de solicitude do servizo Mencer na Escola o próximo luns

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que o próximo luns, 30 de agosto, abre o prazo de solicitude do servizo Mencer na Escola, unha medida municipal de conciliación de promoción autonómica, validade pola Secretaría Xeral de Igualdade desde o ano 2010.

Trátase dun recurso de apoio para posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, e se oferta prioritariamente ás familias que non poden contar con outros recursos da rede familiar ou social, ou non lles é práctica a aplicación das medidas legais destinadas a facilitar a conciliación laboral e familiar.

O programa está dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Eladia Mariño, e será desenvolvido durante as mañás lectivas do curso escolar desde as 7.30 até as 9.30 horas. Nel, levaranse a cabo actividades recreativas e socioeducativas para os nenos e nenas, e se proporcionarán almorzos saudábeis para aqueles que o soliciten.

Os prezos do programa teñen carácter mensual e sitúanse nos 30 €/mes (con almorzo) ou 21 €/mes (sen almorzo), no caso de solicitar servizo entre 4 e 5 días por semana; ou 15 €/mes (con almorzo) ou 10 €/mes (sen almorzo) para as solicitudes de entre 1 e 3 días. O prezo para días soltos é de 3 €/día ou 2,50 €/día, dependendo de se se solicita con ou sen almorzo, respectivamente. A ordenanza municipal especifica ademais bonificacións do 50% do prezo público cando participen dous ou máis membros da mesma unidade familiar, e en casos excepcionais – previo informe dos servizos sociais – poderase bonificar total ou parcialmente a totalidade do prezo público.

Neste curso 2021 / 2022, o servizo Mencer na Escola iniciarase o día 9 de setembro. Aquelas persoas interesadas en se inscribir deberán facelo nas Oficinas Xerais do Concello a partir do luns 30 de agosto, presentando a solicitude que se pode descargar desde esta mesma páxina, xunto coa autorización de domiciliación bancaria. Para resolver calquera dúbida pódese contactar co teléfono 981 495 959 (ext. 6).

Descargas | Solicitude | Domiciliación bancaria

Share.

Comments are closed.