CABANAS ABRE O PRAZO PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas informa que mañá, 26 de maio, ábrese o prazo de solicitudes para participar nos campamentos de verán «Cabanas Concilia».

Dentro do programa, haberá o campamento deportivo, orientado a nenas e nenos a partir de 7 anos ata os 16 anos (nados no 2019 ata 2010); e o campamento urbano, destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos (nados no 2022 ata o 2014).

Ao igual que en edicións pasadas, as modalidades de inscrición poderán ser quincenais ou de carácter mensual, cuns prezos de 40 € e 65 €, respectivamente.

No proceso de adxudicación de prazas terán preferencia as unidades familiares empadroadas no Concello de Cabanas, en segundo lugar as unidades familiares con nenos e nenas escolarizadas no CEIP Eladia Mariño, e no caso de que a demanda supere á oferta, terán preferencia as que xustifiquen a necesidade de conciliar e as familias con menos ingresos económicos.

A solicitude de praza deberá presentarse no Rexistro Municipal, presencial ou telematicamente, nos seguintes prazos:

  • Do 26 ao 28 de maio para familias empadroadas no Concello de Cabanas.
  • Do 29 de maio ao 2 de xuño para familias non empadroadas con nenas e nenos matriculadas no CEIP Eladia Mariño.
  • Os días 3 e 4 de xuño para familias non empadroadas no Concello de Cabanas.

E para solicitar praza deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de participación (unha por cada nena ou neno).
  • Copia do DNI da persoa proxenitora.
  • Copia do DNI ou partida de nacemento da nena ou neno participante (ou libro de familia).
  • Copia da tarxeta sanitaria da nena ou neno participante.
  • Xustificante de matrícula do CEIP Eladia Mariño en caso de non ter empadroamento no Concello de Cabanas.
  • Xustificación da necesidade de conciliación, se corresponde (vida laboral, cabeceira de nómina, xustificantes de empresa, etc.).

Publicarase a lista de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal, concedendo un prazo de 10 días para a presentación de reclamacións.

Para máis información poden dirixirse ao 981 495 959, extensións 2 ou 6. Ao final deste artigo podes descargar os distintos formularios.

[ES]

El Concello de Cabanas informa que mañana, 26 de mayo, se abre el plazo de solicitudes para participar en los campamentos de verano «Cabanas Concilia».

Dentro del programa, habrá el campamento deportivo, orientado a niñas y niños a partir de 7 años hasta los 16 años (nacidos en el 2019 hasta 2010); y el campamento urbano, destinado a niñas y niños de 4 la 12 años (nacidos en el 2022 hasta el 2014).

Al igual que en ediciones pasadas, las modalidades de inscripción podrán ser quincenales o de carácter mensual, con unos precios de 40 € y 65 €, respectivamente.

En el proceso de adjudicación de plazas tendrán preferencia las unidades familiares empadronadas en el Ayuntamiento de Cabanas, en segundo lugar las unidades familiares con niños y niñas escolarizadas en el CEIP Eladia Mariño, y en caso de que la demanda supere a la oferta, tendrán preferencia las que justifiquen la necesidad de conciliar y las familias con menos ingresos económicos.

La solicitud de plaza deberá presentarse en el Registro Municipal, presencial o telemáticamente, en los siguientes plazos:

  • Del 26 al 28 de mayo para familias empadronadas en el Ayuntamiento de Cabañas.
  • De 29 de mayo al 2 de junio para familias no empadronadas con niñas y niños matriculadas en el CEIP Eladia Mariño.
  • Los días 3 y 4 de junio para familias no empadronadas en el Ayuntamiento de Cabañas.

Y para solicitar plaza deberá acercarse la siguiente documentación:

  • Solicitud de participación (una por cada niña o niño).
  • Copia del DNI de la persona progenitora.
  • Copia del DNI o partida de nacimiento de la niña o niño participante (o libro de familia).
  • Copia de la tarjeta sanitaria de la niña o niño participante.
  • Justificante de matrícula del CEIP Eladia Marino en caso de no tener empadronamiento en el Ayuntamiento de Cabañas.
  • Justificación de la necesidad de conciliación, si corresponde (vida laboral, cabecera de nómina, justificantes de empresa, etc.).

Se publicará la lista de solicitudes admitidas y excluidas en el tablero de anuncios del Ayuntamiento y en la web municipal, concediendo un plazo de 10 días para la presentación de reclamaciones.

Para más información pueden dirigirse al 981 495 959, extensiones 2 o 6. Al final de este artículo puedes descargar los distintos formularios.

DESCARGA PDF |

Información Campamento

Ficha inscrición Campamento Deportivo 2026

Ficha inscrición Campamento Urbano 2026

Ficha Protección de Datos 2026

Autorización para a recollida 2026

 

Share.

.