O Concello de Cabanas anuncia a constitución dunha bolsa de emprego de persoal técnico para o Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM), para a execución de programas subvencionados de carácter temporal, mediante o procedemento de concurso oposición.
Tal e como se establece nas bases da convocatoria, as persoas aspirantes a esta bolsa deberán estar en posesión do título de grao, licenciatura ou equivalente en turismo, xeografía, ciencias ambientais, bioloxía, ciencias do mar, museoloxía, humanidades, historia, antropoloxía, socioloxía ou ciencias da cultura e difusión cultural.
As persoas interesadas dispoñen de 10 días hábiles desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña (desde este xoves, 17 de marzo, até o mércores 30 de marzo, ambos incluídos) para presentar as correspondentes solicitudes.
O Concello de Cabanas resultou beneficiario dunha axuda en base á convocatoria FO216, programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos durante o ano 2022.
Descarga | Anuncio convocatoria BOP