Sábado, Outubro 23

Bases para a selección do alumando – traballador do obradoiro dual de emprego “Reinicia VIII”, así como do persoal directivo, docente e administrativo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da publicación das bases reguladoras que rexerán a selección do alumnado – traballador do proxecto de obradoiro dual de emprego “Reinicia VIII”, promovido polos concellos de Cabanas, Ares, Mugardos e Fene. Na mesma liña, tamén se publican as bases reguladoras que rexerán a selección do persoal directivo, docente e administrativo do mesmo obradoiro.

O obradoiro dual do emprego “Reinicia VIII” confírese como un programa mixto de emprego e formación que ten como finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumando participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Os obradoiros a impartir son os seguintes:

  • SSCS0108: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (nivel 2), con 10 alumnos/as- traballadores/as.
  • AGAR0309: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (nivel 1), con 10 alumnos/as- traballadores/as.

O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará 20 alumnos/as traballadores/as, dos cales ao Concello de Cabanas correspóndenlle 2 alumnos/as.

Para a xestión e desenvolvemento do obradoiro contratarse o seguinte persoal:

  • Un/unha director/a (xornada completa).
  • Un/unha docente para impartir o certificado de profesionalidade de (SSCS0108) ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO (xornada completa).
  • Un/Unha docente para impartir o certificado de profesionalidade de (AGAR0309) ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES ( xornada completa).
  • Un /Unha docente de ensino básico (50% de xornada).
  • Un/Unha docente de formación empresarial (50% da xornada).
  • Un/Unha auxiliar administrativo (50% da xornada).

Estes obradoiros están financiados pola Xunta de Galiza.

Descargas | Bases alumnado Reinicia VIII | Bases persoal Reinicia VIII

Share.

Comments are closed.