Bases para a constitución dunha Bolsa de Emprego de persoal Auxiliar de Axuda no Fogar do Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A continuación publícanse as bases do procedemento de selección para a constitución dunha Bolsa de Emprego de persoal Auxiliar de Axuda no Fogar, persoal laboral temporal, a efectos de reforzar a Bolsa de Emprego actual, aprobada por Resolución da Alcaldía 640/2020, de data 30 de xuño de 2020, para a prestación do servizo de axuda no fogar en libre concorrencia.

Esta bolsa ten por obxectivo cubrir necesidades transitorias que requiran puntualmente a contratación de persoal laboral para realizar substitucións por ausencias de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenzas, acumulación de tarefas nese servizo, para atender a programas ou servizos temporais, estacionais ou urxentes que non podan prestarse co persoal existente ou estean subvencionados por outras Administracións Públicas.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles desde a publicación das bases no BOP

Descarga | Bases no BOP

Share.

Comments are closed.