O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Servizos, leva desde o ano 2016 realizando unha campaña anual de trampeo contra a invasora vespa velutina, sendo un ods primeiros concellos en realizala.
Despois da experiencia adquirida ano a ano, fóronse perfeccionando os métodos, e mellorando os resultados; acadando capturar o ano pasado cerca de 2000 raíñas e sendo un dos concellos menos afectados por esta vespa na nosa comarca.
Así mesmo, todos os anos animamos e divulgamos esta labor, para que toda a veciñanza participe. Cada vez somos máis conscientes do importante que é o medio natural para a nosa subsistencia, e o dano que están a facer as especies invasoras para o equilibrio dos ecosistemas e da natureza. No caso deste insecto ademais causando perigos para as persoas e animais autóctonos.
Diferentes asociacións defensoras do medio natural e das abellas, apoian este tipo de iniciativas. Outros anos a Casa do Mel de Goente prestounos colaboración informándonos e invitándonos a xornadas divulgativas. Este ano AGA (Asociación Galega de Apicultores) trasládanos a súa preocupación e anima tamén a que tódolos concellos, neste caso os veciños e veciñas de Cabanas a que vos unades a esta campaña.
Dende o Concello vos animamos a realizar o trampeo, esperamos que aproveitedes, todos aqueles que non o facedes xa, a realizar estas labores nos días primaverais para desfrutar da nosa contorna e realizar estas labores, tanto so como en familia. Todo isto será positivo xa que nos libraremos de ter uns bechos molestos e perigosos ao noso redor e desfrutaremos da primavera no seu esplendor e ao aire libre, que non ven mal nestes tempos de pandemia.
Tamén aproveitamos para recordarvos que nestas datas esteades atentos tanto os aleros das fiestras como a pequenos tellados de galpóns ou bodegas, que é onde comezan as velutinas a facer os seus niños primarios e son moito mais sinxelos de eliminar, xa que so conteñen unha raíña e unhas poucas obreiras. Aqueles niños grandes que vexades agora son moi probablemente niños do ano pasado que non reutilizan e que conlevan falsos avisos.
Descarga | Bando vespa velutina