[GL]
Os eventos que teremos en Cabanas nos vindeiros días son…
Venres 19
Ás 12.30h Sesión de maxia no CEIP Plurilingüe Eladia Mariño orientado aos alumnos/as. A cargo de Martín Camiña e a súa obra «Imprevistos pouco vistos». Unha actuación que conta co apoio da Rede Cultural da Deputación.
Domingo 21
Ás 10h Curso de defensa persoal para mulleres maiores de 16 anos. Será ata as 14h na aula de psicomotricidade do CEIP Eladia Mariño. Aquelas persoas que desexen máis información ou apuntarse, deben contactar en servizos.sociais@cabanas.gal ou no 981495959 (extensión 6).
Luns 22
Ás 17.30h Teatrillo de mesa Waldorf. Unha edición coa obra «A nena do farol» pensada para as familias que terá lugar no CIMM e que contará cun paseo con farois se o tempo acompaña, atopando diversos misterios no camiño. Recomendado inscrición para dispoñer de farol. Info no cartel.
[ES]
Los eventos que tendremos en Cabanas en los próximos días son…
Viernes 19
A las 12.30h Sesión de magia en el CEIP Plurilingüe Eladia Marino orientado a los alumnos/as. A cargo de Martín Camiña y su obra «Imprevistos pouco vistos». Una actuación que cuenta con el apoyo de la Red Cultural de la Diputación.
Domingo 21
A las 10h Curso de defensa personal para mujeres mayores de 16 años. Será hasta las 14h en el aula de psicomotricidad del CEIP Eladia Mariño. Aquellas personas que deseen más información o apuntarse, deben contactar en servizos.sociais@cabanas.gal o en el 981495959 (extensión 6).
Lunes 22
A las 17.30h Teatrillo de mesa Waldorf. Una edición con la obra «A nena do farol» pensada para las familias que tendrá lugar en el CIMM y que contará con un paseo con farolas si el tiempo acompaña, encontrando diversos misterios en el camino. Recomendado inscripción para disponer de farol. Info en el cartel.


