[GL]
Achegamos as vindeiras citas que teremos en Cabanas nesta semana, agardámoste!
Mércores 27
Ás 20h o Xuventude de Cabanas F.C. recibirá ao S.D.R. Neda, nun partido amistoso ná área recreativa de A Veiga que servirá para a preparación desta tempada.
Sábado 30
Ás 14h IV Regata Praia da Madalena. O Club Náutico de Cabanas e o Concello organizan a 4ª edición desta regata de vela lixeira que xuntará a participantes de diversa procedencia para medir a súa técnica no noso mar.
Ás 14h XLIV Aniversario do S.C.R.D. O Loureiro, celebrando o tradicional xantar con paella e churrasco. Á noite, caldo galego. Haberá xogos e música. Toda a información do menú e precios no cartel.
Ás 19.30h o Xuventude de Cabanas F.C. disputará o Trofeo Concello de Cabanas contra o S.D.C. Galicia de Mugardos B. Será na área recreativa de A Veiga con aforo libre.
Domingo 31
Ás 12h Segunda e derradeira edición do showcooking. Evento que terá lugar no Parque do Areal no que continuaremos aprendendo a preparar e cociñar diversos productos locais do mar, con degustación incluída. Aforo libre.
Ás 12h Segunda xornada da IV Regata Praia da Madalena. Último día no que coñeceremos os resultados finais da clasificación deste ano.
[ES]
Miércoles 27
A las 20h el Xuventude de Cabanas F.C. recibirá al S.D.R. Neda, en un partido amistoso en el área recreativa de A Veiga que servirá para la preparación de esta temporada.

