Así foi o primeiro obradoiro de Tribo 3.0

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Hai uns días falámosvos de Tribo 3.0, un programa de actividades dirixidos a mozas e mozos entre 12 e 17 anos dos concellos de Cabanas e Pontedeume que se está a desenvolver durante os meses de verán.

O pasado xovoes 23 de xullo tivo lugar o primeiro encontro de Tribo 3.0, no que xa se puido sentir unha boa conexión entre as persoas participantes. O grupo descubriu que ten bastantes cousas en común, como o gusto pola música e o movemento nalgunha das súas formas (tocar, cantar, danzar…), o interese pola natureza, pola cociña e a alimentación e tamén por probar activdades novas e aprender de outras persoas.

Xuntas, as persoas participantes organizaron as seguintes actividades, ao xeito das tribos que nos precederon: con percusión, ritmo e canto!

Deixámosvos algunhas fotos da actividade, mais se tes entre 12 e 17 anos, aínda podes apuntarte contactando por WhatsApp no 659 553 938.

 

Share.

Comments are closed.