Asesoramento sobre cooperativismo todos os xoves en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da posta en marcha, en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, da Oficina de Fomento do Cooperativismo, con atención presencial con cita previa todos os xoves entre as 09.00 e as 14.00h.

A través desta Oficina, as persoas interesadas recibirán acompañamento e asesoramento sobre novas oportunidades de mercado, a maduración da idea de negocio ou sobre os trámites necesarios de constitución, elaboración de estatutos ou busca de socios.

Para solicitar cita previa neste servizo, as persoas interesadas deben chamar ao 722 253 762 ou enviar un correo electrónico a cooperativismo@ferrol.es.

Share.

Comments are closed.