As tarefas de prevención evitan un novo roubo de cable en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

As tarefas de protección e prevención para evitar o roubo de cable levadas a cabo pola área de servizos do Concello de Cabanas veñen de evitar un novo roubo no Paseo da Madalena durante a madrugada deste luns.

Logo dos roubos de cable sufridos en diferentes puntos de Cabanas a finais do 2021, o goberno municipal ordenou o selado de arquetas nos puntos máis vulnerábeis para dificultar o acceso ás mesmas, unha medida que se avalía como efectiva tras o incidente rexistrado esta semana.

“Calquera acto de vandalismo no material público supón un menoscabo nas partidas municipais, que impiden que se poidan financiar outras inversións”, sinalou a concelleira de servizos, Eva García. “O investimento para facer fronte ás reposicións no 2021 supuxo un detrimento nas partidas de alumeado de Nadal”, exemplificou a concelleira.

As tarefas de blindado das caixas eléctricas continuarán nas próximas semanas, co obxectivo de que sirvan para evitar o elevado gasto que supón a reposición dos danos causados por este tipo de roubos.

Share.

Comments are closed.