Arranxadas as fontes do entorno do Piñeiral e Paseo Marítimo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que veñen de completarse os traballos de posta a punto de varias fontes públicas situadas no entorno do Piñeiral e Paseo da Madalena.

Malia conservarse a estrutrura exterior das fontes (a armazón), tivo que substituírse todo o mecanismo interior das fontes, e tamén se instalou nova grifería para que puideran recuperar o servizo.

“Estes traballos enmárcanse dentro do proceso de revisión e posta a punto das fontes e lavadoiros distribuídos en todo o termo municipal“, sinalou a concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, quen tamén amosou a súa satisfacción por “solucionar un problema que levaba moito tempo afectando ás fontes desa zona”.

Share.

Comments are closed.