sábado, septiembre 12

APERTURA DO PRAZO PARA AS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2026/2027

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

Cabanas informa das actividades ofertadas e dos prazos de inscrición nas actividades culturais, musicais e deportivas para o curso 2026/2027.

Prazos:

Persoas empadroadas e matriculados/as no CEIP Eladia Mariño

  • Presencial/telemático: Do 1 de setembro (dende as 8.30h) ata o luns 7 (ás 23.59h)

Persoas non empadroadas:

  • Presencial/telemático: Do 4 de setembro (dende as 8.30h) ata o venres 11 (ás 23.59h)

As actividades comezarán a partir do 1 de outubro de 2026, e se extenderán, no caso dos menores de idade, ata o día 18 de xuño e, no caso das persoas adultas, ata finais de xuño de 2027.

Consulta todas as actividades nos horarios ao final deste artigo, podendo ver tamén a súa localización e turnos da semana.

Documentación a presentar

Para inscribirse en ditas actividades é preciso aportar por rexistro do Concello (ao final desta nova pódense descargar as follas que deben ser cubertas):

  • Actividades dirixidas aos menores de idade
    • Ficha de inscrición cuberta.
    • No caso do alumnado non empadroado no Concello ou das familias traballadoras no municipio de Cabanas, xustificante de matrícula no devandito centro escolar ou, de ser o caso, documento xustificativo de traballo.
    • Folla de domiciliación bancaria (se non se presentou en anos anteriores ou se houbo modificacións no número de conta).
    • Ficha autorización menores de idade.
  • Actividades dirixidas a persoas adultas
    • Ficha de inscrición cuberta.
    • Folla de domiciliación bancaria (se non se presentou en anos anteriores ou se houbo modificacións no número de conta).

Bonificación do prezo das actividades (só para persoas empadroadas)

Segundo a Ordenanza Fiscal nº 26 reguladora do prezo público por participación en actividades socio-culturais, deportivas e recreativas (publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) o 4 de xullo de 2018), establécense as seguintes bonificacións:

  • Participantes que sexan membros de familia numerosa (10 %).
  • Participantes membros de unidade familiar na que os ingresos per cápita non acaden o IPREM. A estes efectos entenderase como unidade familiar a composta por todas as persoas que figuren inscritas na mesma folla padroal (10 %).
  • Participación de tres ou máis membros da mesma unidade familiar (10%).
  • En casos excepcionais, a Xunta de Goberno Local, ou de non existir, a Alcaldía, previo informe do Departamento de Servizos Sociais, poderá acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.

No caso de solicitar bonificación, haberá que presentar tamén a solicitude de bonificación co impreso correspondente.

[ES]

Cabanas informa de las actividades ofertadas y de los plazos de inscripción en las actividades culturales, musicales y deportivas para el curso 2026/2027.

Plazos:

Personas empadronadas y matriculados/as en el CEIP Eladia Marino:

  • Presencial/telemático: Del 1 de septiembre (desde las 8.30h) hasta el lunes 7 (a las 23.59h)

Personas no empadronadas:

  • Presencial/telemático: Del 4 de septiembre (desde las 8.30h) hasta el viernes 11 (a las 23.59).

Las actividades comenzarán a partir del 1 de octubre de 2026, y se extenderán, en el caso de los menores de edad, hasta el día 18 de junio y, en el caso de las personas adultas, hasta finales de junio de 2027.

Consulta todas las actividades en los horarios al final de este artículo, pudiendo ver también su localización y turnos de la semana.

Documentación a presentar

Para inscribirse en las actividades es preciso aportar (al final de esta noticia se pueden descargar las hojas que deben ser cubiertas):

Actividades dirigidas a los menores de edad

  • Ficha de inscripción cubierta.
  • En el caso del alumnado empadronado en el Ayuntamiento o de las familias trabajadoras en el municipio de Cabanas, justificante de matrícula en el dicho centro escolar o, de ser el caso, documento justificativo de trabajo.
  • Hoja de domiciliación bancaria (si no se presentó en años anteriores o si hubo modificaciones en el número de conta).
  • Ficha autorización menores de edad.

Actividades dirigidas a personas adultas

  • Ficha de inscripción cubierta.
  • Hoja de domiciliación bancaria (si no se presentó en años anteriores o si hubo modificaciones en el número de conta).

Bonificación del precio de las actividades (solo para personas empadronadas).

Según la Ordenanza Fiscal nº 26 reguladora del precio público por participación en actividades socio-culturales, deportivas y recreativas (publicada en el Boletín oficial de la provincia de A Coruña (BOP) el 4 de julio de 2018), se establecen las siguientes bonificaciones:

  • Participantes que sean miembros de familia numerosa (10 %).
  • Participantes miembros de unidad familiar en la que los ingresos per cápita no alcancen el IPREM. A estos efectos se entenderá como unidad familiar la compuesta por todas las personas que figuren inscritas en la misma hoja de empadronamiento (10 %).
  • Participación de tres o más miembros de la misma unidad familiar (10%).
  • En casos excepcionales, la Xunta de Gobierno Local, o de no existir, la Alcaldía, previo informe del Departamento de Servicios Sociales, podrá acordar la bonificación total o parcial de la cuantía del precio público.

En el caso de solicitar bonificación, habrá que presentar también la solicitud de bonificación con el impreso correspondiente (que se puede descargar al final  del artículo).

DESCARGA FORMULARIOS PDF |

Horario adultos

Horario mozos nenos

Inscrición adultos 2026

Inscrición mozos nenos

Folla domiciliación bancaria

Folla bonificación

Share.

.