Martes, Novembro 30

Apertura do prazo de inscrición nas actividades deportivas, culturais e musicais en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da apertura do prazo de inscrición nas actividades deportivas, culturais e musicais para o curso 2021/2022, para o cal establécense dúas quendas:

  • Do luns 18 ao venres 22 de outubro, para persoas empadroadas no Concello de Cabanas.
  • Do luns 25 ao venres 29 de outubro, no caso de quedar prazas, aberta a todo o mundo.

Para as nenas e nenos desde 5º de educación infantil ata a rapazada da ESO ofrécense distintas actividades (psicomotricidade, manualidades, predeporte, multideporte, multideporte ESO), segundo o especificado na ficha de inscrición.

Para persoas adultas ofrécense, dentro das actividades culturais, bolillos e corte e confección. Se falamos de deporte, durante este curso haberá ioga, pádel, ximnasia terapéutica, pilates, tenis e ximnasia pélvica e hipopresiva.

As actividades de música, destinadas tanto a menores como persoas adultas, ofertará as actividades de iniciación á música, linguaxe musical, harmonía, análise, violonchelo, piano e guitarra.

Está previsto que as actividades comecen o 2 de novembro, e se extenderán até o 30 de xuño de 2022.

Documentación a presentar

Para inscribirse en ditas actividades é preciso realizar a inscrición por rexistro, debendo presentar a seguinte documentación (ao final do artigo pódense descargar as follas que deben ser cubertas).

  • Actividades dirixidas a nenas e nenos
    • Ficha de inscrición cuberta.
    • Folla de domiciliación bancaria (se non se presentou en anos anteriores ou se houbo modificacións no número de conta).
    • Declaración responsábel COVID.
    • Ficha autorización menores de idade.
  • Actividades dirixidas a persoas adultas
    • Ficha de inscrición cuberta.
    • Folla de domiciliación bancaria (se non se presentou en anos anteriores ou se houbo modificacións no número de conta).
    • Declaración responsábel COVID.
  • Actividades musicais
    • Ficha de inscrición cuberta.
    • Folla de domiciliación bancaria (se non se presentou en anos anteriores ou se houbo modificacións no número de conta).
    • Declaración responsábel COVID.
    • Ficha autorización (no caso de menores de idade).

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes débese facer por Rexistro, ben a través do rexistro electrónico (Sede Electrónica), ou ben de maneira presencial.

  • Presentación por Sede Electrónica
    • Acceder á Sede Electrónica de Cabanas usando un certificado válido.
    • Seleccionar o trámite Instancia Xeral.
    • Cubrir os datos e enviar a documentación (ficha de inscrición, folla de domiciliación…) como arquivo anexo á solicitude.
  • Presentación presencial
    • Entrega da documentación no Rexistro Municipal, en horario de 09.00 a 13.30 horas.

Bonificación do prezo das actividades (só persoas empadroadas)

Segundo a Ordenanza Fiscal nº 26 reguladora do prezo público por participación en actividades socio-culturais, deportivas e recreativas (publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) o 4 de xullo de 2018), establécense as seguintes bonificacións

  • Participantes que sexan membros de familia numerosa (10 %)
  • Participantes membros de unidade familiar na que os ingresos per cápita non acaden o IPREM. A estes efectos entenderase como unidade familiar a composta por todas as persoas que figuren inscritas na mesma folla padroal (10 %)
  • Participación de tres ou máis membros da mesma unidade familiar (10%)
  • En casos excepcionais, a Xunta de Goberno Local, ou de non existir, a Alcaldía, previo informe do Departamento de Servizos Sociais, poderá acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.

No caso de solicitar bonificación, haberá que presentar tamén a solicitude de bonificación co impreso correspondente (que se pode descargar no seguinte apartado)

Documentación para descargar e cubrir

Share.

Comments are closed.