domingo, febrero 15

APERTURA DA MATRÍCULA DO PAI AS VIÑAS

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas informa que dende o 1 ao 15 de maio de 2025 permanecerá aberto o prazo para presentación da preinscrición no Punto de Atención á Infancia As Viñas (PAI As Viñas) para o curso 2025/2026, cuxa oferta provisional de prazas é a seguinte:

0-1 años: 4 prazas
1-2 años: 2 prazas
2-3 años: 6 prazas

 

As devanditas solicitudes deberán presentarse de maneira preferente no Rexistro da Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, de non ser posible, no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina.

Xunto a solicitude e a autorización de protección de datos, deberá achegarse a seguinte documentación segundo a situación de cada unidade familiar:
    • Libro de familia (se non se ten, certificado de nacemento e matrimonio, se procede).
    • DNI das persoas proxenitoras ou representantes legais.
    • Declaración do IRPF ou certificado de exención do ano 2023.
    • Tarxeta do INEM ou nómina, no caso de estar en activo.
    • Certificación positiva ou negativa de percepción económica do INEM (no caso de situacións de desemprego).
    • Certificado de ingresos por pensións nacionais ou estranxeiras emitido polo organismo pagador (de ser o caso).
    • Certificado de discapacidade ou médico de enfermidade (de ser o caso).
    • Pagamentos fraccionados dos profesionais autónomos (de ser o caso).
    • Sentenza que acredite a nulidade matrimonial, separación ou divorcio (de ser o caso).
    • Certificado de empadroamento, no caso de non corresponder ao Concello de Cabanas.

O PAI As Viñas é un centro diurno de titularidade municipal que ten como finalidade prestar atención de apoio a nenas e nenos de entre 4 meses ate 3 anos, co fin de facilitar a conciliación persoal, familliar e laboral das familias.

Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar coa área de servizos sociais no 981495959 (ext. 6 ou 2) ou no correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal

Enlaces de descarga:
– Solicitude de preinscrión: Solicitude preinscrición 2025
– Autorización protección de datos: Formulario protección datos
[ES]

El Concello de Cabanas informa que desde el 1 al 15 de mayo de 2025 permanecerá abierto el plazo para presentación de la preinscrición en el Punto de Atención a la Infancia As Viñas (PAI As Viñas) para el curso 2025/2026, cuya oferta provisional de plazas es la siguiente:

0-1 años: 4 plazas
1-2 años: 2 plazas
2-3 años: 6 plazas

 

Las citadas solicitudes deberán presentarse de manera preferente en el Registro de la Sede Electrónica del Concello de Cabanas o, de no ser posible, en el Registro General del Concello en horario de oficina.

Junto la solicitud y la autorización de protección de datos, deberá adjuntarse la siguiente documentación segundo la situación de cada unidad familiar:
    • Libro de familia (si no se tiene, certificado de nacimiento y matrimonio, si procede).
    • DNI de las personas progenitoras o representantes legales.
    • Declaración del IRPF o certificado de exención del año 2023.
    • Tarjeta del INEM o nómina, en el caso de estar en activo.
    • Certificación positiva o negativa de percepción económica del INEM (en el caso de situaciones de desempleo).
    • Certificado de ingresos por pensiones nacionales o extranjeras emitido por el organismo pagador (de ser el caso).
    • Certificado de discapacidad o médico de enfermedad (de ser el caso).
    • Pagos fraccionados de los profesionales autónomos (de ser el caso).
    • Sentencia que acredite la nulidad matrimonial, separación o divorcio (de ser el caso).
    • Certificado de empadronamiento, en el caso de no corresponder al Concello de Cabanas.

El PAI As Viñas es un centro diurno de titularidad municipal que tiene como finalidad prestar atención de apoyo a niñas y niños de entre 4 meses hasta 3 años, con el fin de facilitar la conciliación personal, familiar y laboral de las familias.

Para obtener más información, las personas interesadas pueden contactar con el área de servicios sociales en el 981495959 (ext. 6 o 2) o en el correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal

Enlaces de descarga:
– Solicitud de preinscripción: Solicitude preinscrición 2025
– Autorización protección de datos: Formulario protección datos
Share.

.