Anuncio aprobación inicial Ordenanza municipal reguladora das operacións forestais de corta e saca de madeira así como das plantacións e repoboacións forestais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Na sesión ordinaria do Pleno da Corporación, celebrada en data 30 de marzo de 2022 procedeuse á aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora das operacións forestais de corta e saca de madeira así como das plantacións e repoboacións forestais.

De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, polo presente anuncio iníciase período de información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que as persoas interesadas poidan examinar o expediente
na Secretaría do Concello e formular as alegacións que estimen pertinentes.

No caso de que non se presentasen reclamacións no devandito prazo, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

Descarga | Anuncio BOP | Proposta ordenanza

Share.

Comments are closed.