Amplíase o peche do Piñeiral ás zonas 1 e 2 por traballos de mantemento desde este mércores

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da ampliación da área pechada ao uso público por labores de mantemento no Piñeiral da Madalena, de maneira que a partir deste mércores, 26 de maio, ás 8 horas estará prohibido o acceso ás zonas 1 e 2, sinaladas en vermello e azul na imaxe anexa.

O obxectivo desta limitación de acceso é garantir o desenvolvemento seguro dos traballos de tala e poda que se están a desenvolver no entorno, froito dun minucioso estudo realizado para garantir o futuro do Piñeiral.

O Concello fai un chamamento á responsabilidade individual no cumprimento das restricións para evitar accidentes.

Bando | Limitación acceso Piñeiral

Share.

Comments are closed.