Martes, Novembro 30

Aforo completo para a representación de “Castrapo” en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O salón de plenos da Casa do Concello acollerá este sábado, 30 de outubro, a última representación do ciclo de teatro “Sábados Teatrais”, celebrado ao longo do mes de outubro en Cabanas. O ciclo resultou todo un éxito de participación, conseguindo completar o aforo en todas as representacións, incluída a programada para este sábado.

A obra elixida para pechar o ciclo é “Castrapo”, do grupo de teatro profesional “Os náufragos teatro”. Trátase dunha traxicomedia dirixida por Gustavo del Río, que tamén participa do reparto, xunto con Denís Gómez e Estíbaliz Veiga.

“Castrapo” conta a historia de Daniel, un escritor galego emigrado a Madrid que volve á terra despois da morte do seu pai, con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño atópase con Rosa, quen colle o mesmo tren cada Daniel con destino Á Coruña. Nesta viaxe a Galiza encóntrase co seu pasado e coa necesidade de atopar as súas raíces.

Desde a concellaría de cultura, a concelleira Diana Rodríguez valorou “o éxito deste ciclo”, e puxo en valor “o grande interese do publico por asistir ás diferentes representacións”. Rodríguez tamén destacou que “por primeira vez participa un grupo profesional no ciclo e se levou a cabo un obradoiro de iniciación ao teatro que tivo moi boa acollida”.

Share.

Comments are closed.