Adxudicadas varias obras de mellora de camiños municipais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de adxudicar as obras de mellora de pavimentos municipais, cun investimento de 73.537,32 euros a cargo do programa POS+ 2020 da Deputación da Coruña.

Amañarase con cargo a este plan o camiño entre Lavandeira e Xicos, así como tamén a Travesía da Barrosa e o acceso a Barreiras.

A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, valorou positivamente estas actuacións e indicou que, ademais destas obras que veñen de ser adxudicadas, “os servizos municipais traballan na elaboración dun programa de investimentos en mellora de camiños municipais de cara final de ano”.

Share.

Comments are closed.