O Concello de Cabanas informa de que as 22 solicitudes presentadas para o programa «Mencer na Escola» foron admitidas, restando aínda tres prazas dispoñíbeis do total de 25 que se ofertan este ano.
O servizo comezará a funcionar o próximo xoves, 9 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar.
Aquelas persoas que estean interesadas en se inscribir, poden atopar máis información neste enlace ou chamando ao 981 495 959 (ext. 6).