Actualización sobre as solicitudes de peche perimetral conxunto e cribado á poboación

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Na mañá de hoxe tivo lugar a reunión de seguemento da situación sanitaria da nosa bisbarra, composto polas alcaldesas e alcaldes dos concellos  que están afectados polos peches perimetrais, responsábeis da Consellaría de Sanidade e da Área Sanitaria de Ferrol.

Na mesma, ademais do análise dos datos derivados dos positivos diagnosticados nos distintos concellos, tratáronse aspectos relacionados coas propostas que desde Cabanas e Pontedeume foron remitidas recentemente ás autoridades sanitárias:

En relación co  peche perimetral conxunto dos dous municipios,  o comité de expertos decidiu non autorizar o peche perimetral conxunto dos Concellos de Pontedeume e Cabanas, polo que ambos seguirán pechados demaneira individual.

Por outra banda, en canto ao cribado masivo da poboación de ambos concellos, esta previsto que sexa tratado unha reunión de expertos e responsables de saúde pública que terá lugar mañá.

Dada a situación que se está a vivir na nosa bisbarra, onde está a aumentar a presión hospitalaria ao longo das semanas, facemos un novo chamamento á nosa veciñanza á reponsabilidade persoal, dando cumprimento de forma estrica ás medidas de seguridade e distanciamento social. É a mellor garantia para superar a situación que estamos a padecer.

Share.

Comments are closed.