Actualización nas restricións COVID-19 desde o sábado 12 de xuño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da actualización nas restricións aplicadas pola Xunta pola COVID-19, que serán de aplicación a partir do próximo sábado 12 de xuño.

As principais novidades son as seguintes:

🧑🏻‍🤝‍🧑🏾 Reunións sociais: elimínase a limitación de non convivintes que se poden reunir en vivendas e espazos públicos.

🍹‍ Hostelaría: amplíanse os límites até as 6 persoas por mesa en interiores e 15 en exteriores. Tamén se amplía o horario dos bares até a 01.00h, sempre e cando dispoñan de medidores de CO2

⏲️ Permítense as reunións de non convivintes entre a 01.00 e as 06.00h, até o de agora restrinxidas.

🚸 Actividades de tempo libre para menores: amplíase aforo ao 70%, e os grupos poderán ser de 125 persoas en exteriores e 50 en interiores, ademais de monitores.

🏕️ Campamentos de verán: os albergues xuvenís amplían capacidade máxima até o 70% do aforo; as tendas de campaña poderán ter ocupado o 50% da súa capacidade máxima.
🚶 Albergues do Camiño: permanecen cun aforo do 30%, coa excepción de grupos de convivencia estable no Camiño (grupo burbulla), que poderán compartir habitación sen límite sempre e cando asinen unha declaración responsábel.
Share.

Comments are closed.