viernes, marzo 21

Actualización información casos COVID-19

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Nos últimos días a situación de casos no noso concello é elevada e superior ao normal, debido a un gromo que está a vivir a residencia DomusVi, que supera o medio centenar de casos activos.

Entre o luns e o martes realizouse un cribado masivo, tanto ao persoal como ás persoas residentes no centro.

Por contra, a situación da poboación – ao marxe dos datos da residencia – están a mellorar cada día, polo que desde as autoridades sanitarias comunícase que non se ve necesario a realización dun cribado masivo á poboación do noso concello, similares aos que se están a levar a cabo nalgúns concellos da contorna.

Desde o Concello de Cabanas pídese tranquilidade e, sobre todo, responsabilidade durante as próximas semanas para seguir mellorando os datos e tentar dobregar a terceira onda desta pandemia canto antes.

Entre todas/os seremos quen de gañar esta guerra á COVID-19.

Share.

.