[GL]
Dende o Concello de Cabanas queremos apostar pola compostaxe, por iso continuamos coa campaña de implantación e sensibilización da compostaxe doméstica; mediante a distribución de sistemas de composteiros individuais.
Na actualidade o noso Concello xa fixo un despregamento de 86 composteiros que xa foron instalados, e neste proxecto executaremos un novo subministro.
Esta actuación está prevista que se desenvolva en dúas anualidades: 2023 e 2024. No presente ano executamos un total de 10 instalacións e 33 accións de formación; mentres que no vindeiro ano está previsto 90 instalacións de composteiros domésticos e 297 actuacións de formación, difusión e seguimento de proxectos individuais.
Ao final desta campaña, coas 165 instalacións de composteiros individuais previstas esperamos chegar a un total de 81,18 toneladas de biorresiduos tratadas cada ano que, segundo o estudo realizado pola Fundación Biodiversidad, a compostaxe supón un aforro de 46Kg/Tn polo que nestas accións aforraremos arredor de 3,73 Tn de gases de efecto invernadoiro ao ano, mostrando unha vez máis o compromiso do Concello de Cabanas coa sotenibilidade e responsabilidade medioambiental.
[ES]
Desde el Concello de Cabanas queremos apostar por el compostaje, por eso continuamos con la campaña de implantación y sensibilización del compostaje doméstico; mediante la distribución de sistemas de composteros individuales.
En la actualidad nuestro Concello ya hizo un despliegue de 86 composteros que ya fueron instalados, y en este proyecto ejecutaremos un nuevo suministro.
Esta actuación está prevista que se desarrolle en dos anualidades: 2023 y 2024. En el presente año ejecutamos un total de 10 instalaciones y 33 acciones de formación; mientras que en el próximo año está previsto 90 instalaciones de composteros domésticos y 297 actuaciones de formación, difusión y seguimiento de proyectos individuales.
Al final de esta campaña, con las 165 instalaciones de composteros individuales previstas esperamos llegar a un total de 81,18 toneladas de biorresiduos tratados cada año que, según el estudio realizado por la Fundación Biodiversidad, el compostaje supone un ahorro de 46 Kg/Tn por lo que en estas acciones ahorraremos alrededor de 3,73 Tn de gases de efecto invernadero al año, mostrando una vez más el compromiso del Concello de Cabanas con la sostenibilidad y responsabilidad medioambiental.