Acto de clausura do proxecto «Camiños de Identidade»

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No día de onte celebrouse o acto de clausura do proxecto «Camiños de Identidade», no que participou Cabanas xunto con outros catro concellos de Galiza: Mondoñedo, Rodeiro, Triacastela e Porqueira. O acto, inicialmente previsto para celebrarse de maneira presencial en Santiago de Compostela, foi cun evento online retransmitido en streaming, no que participaron representantes dos cinco concellos, ademais do persoal de Amarelas Sociedade Cooperativa Galega, impulsora do proxecto.

Polo Concello de Cabanas participou o tenente alcalde, Iago Varela, cuxa intervención pode verse a continuación. O evento completo está dispoñíbel nesta ligazón.

Este evento complementou a actividade celebrada o pasado 29 de agosto, cando á mañá camiñamos polo novo roteiro creado neste proxecto, que permite acceder ao Mosteiro de Caaveiro desde a parroquia de Soaserra, e cuxa información está dispoñíbel nesta ligazón.

Ese mesmo día pola tarde fíxose a presentación do novo produto turístico creado para Cabanas, que busca potenciar a zona rural e desestacionalizar a afluencia de visitantes, creando oportunidades de negocio ligadas ao sector do turismo. Esta mesa estivo guiada pola profesora e escritora Anxos García Fonte, e nela déronse cita Erea Viz, representante de Amarelas; José Yáñez, arquitecto da Deputación da Coruña; Mª Cruz Meizoso e Mar Vidal, fiandeiras de Cabanas Rural; e Iago Varela, tenente alcalde de Cabanas.

Ao finalizar a mesa redonda proxectouse en primicia o vídeo turístico promocional creado neste proxecto, que pon en valor a influencia da fraga no Concello de Cabanas, e se levou a cabo unha mostra de fiado nas instalacións municipais, que serviu como conclusión da xornada.

Imaxes:

Share.

.