Aberto o prazo para solicitar ou renovar a tarxeta de residente

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas informa de que está aberto o prazo para solicitar ou renovar as tarxetas de residentes, unha acreditación que permite á veciñanza aparcar nas zonas delimitadas a tal fin, situadas na avenida da Madalena e diante do Centro de Saúde.
As persoas que desexen renovar a tarxeta de residente ou solicitala por primeira vez deberán presentar a solicitude, que se pode descargar desde esta mesma web (ligazóns máis abaixo), e presentala no Rexistro, presencial ou telematicamente a través das sede electrónica.
En canto á documentación a presentar, as persoas que renoven a súa tarxeta deberán anexar á solicitude copia do último recibo do seguro; para novas solicitudes, ademais da copia do último recibo do seguro, deberase entregar tamén copia do permiso de circulación, da ficha técnica e da ITV, e do DNI.
O prazo para tramitar ambas solicitudes remata o 31 de marzo.
[Descarga de documentos: clic co botón dereito do rato e “gardar ligazón como”]
Share.

Comments are closed.