Aberto o prazo para a consulta do censo para as eleccións do 10 de novembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Ante a convocatoria das eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, a celebrar o 10 de novembro de 2019, e de acordo co establecido na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, as listas censais electorais expóñense ao público na Casa do Concello para a súa consulta polas persoas interesadas, aos efectos de presentación de reclamacións no período comprendido entre o 30 de setembro e o 7 de outubro de 2019.

Lémbrase que está totalmente prohibido extraer información dos datos persoais contidos no censo electoral, agás polos propios interesados, e que tampouco está permitida a recopilación dos datos existentes por calquera medio sexa manual, fotográfico, informático ou de calquera outra natureza, baixo as responsabilidades que legalmente viñeran ao caso.

Share.

Comments are closed.