Aberto o prazo de solicitudes para os campamentos deportivos de verán da Deputación

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da apertura do prazo de inscrición para participar nos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña, destinados a 500 nenas e nenos empadroados en concellos da provincia da Coruña, nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013.

Ao Concello de Cabanas correspóndenlle tres prazas na primeira quenda, entre os días 26 de xuño e 1 de xullo, e as persoas interesadas en participar deben realizar a inscrición cubrindo o formulario anexo, que deberá estar asinado por ambos proxenitores, e entregándoo no rexistro municipal entre os días 13 de abril e 20 de maio. No caso de que o número de solicitudes sexa maior ao das prazas, realizarase un sorteo público entre os días 23 e 26 de maio.

As crianzas participantes neste programa desfrutarán de cinco días con aloxamento e manutención, na residencia que ten a Deputación da Coruña no IES Rosalía Mera, onde desfrutarán dunha ampla variedade de actividades, establecéndose a entrada o domingo entre as 18.00 e as 19.00 horas e a saída o venres seguinte entre as 16.00 e as 17.00h. Cada participante aboará unha cota de inscrición de 85 €.

Máis información | Deputación da Coruña

Descarga | Ficha de inscrición

Share.

Comments are closed.