Sábado, Decembro 3

Aberto o prazo de solicitude das axudas para material escolar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de Servizos Sociais, informa da convocatoria de axudas ao estudo para o presente curso escolar, cuxo prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe, logo de ter sido publicado no BOP.

A axuda está destinada a contribuír cos gastos derivados do estudo nos niveis de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, centros de formación profesional, universidades ou centros de educación especial, e contemplan unhas axudas máximas de entre 75 e 175 €, dependendo do nivel educativo.

A concelleira de servizos sociais, Diana Rodríguez, destacou o “compromiso do Concello de Cabanas coas familias para garantir o acceso a unha educación de calidade”.

As solicitudes deberán presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello de Cabanas, podendo facerse de maneira telemática, presencialmente de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, ou a través das formas estabelecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2014, de 30 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo é de 15 días.

Descarga | Modelo solicitude | Bases BOP

 

Share.

Comments are closed.