Aberto o prazo de inscrición para participar na Feira de Santa Marta

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a apertura do prazo de solicitude para participar na Feira de Santa Marta, que se celebrará os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto, e que contará con dous espazos diferenciados, un destinado a produtos de artesanía e alimentación e outro como feira para o resto de produtos.

As persoas interesadas en participar cos seus postos en dita feita teñen de prazo até o xoves 22 de xullo para presentar as correspondentes solicitudes a través do rexistro municipal, ben sexa de maneira presencial ou telemática, debendo anexar a instancia que se pode atopar ao final deste artigo.

De acordo co establecido no Regulamento de Venda Ambulante e Feiras, xunto coa solicitude, as persoas participantes deberán presentar xustificante bancario do pago das taxas (9 € polos tres días), fotografía do posto e indicar o tipo de mercadoría que poñen á venda, de cara á súa ubicación nalgunha das zonas dispoñíbeis.

Os mercados rexeranse polos seguintes horarios: de 08:00 a 11:00h para a instalación dos postos, de 11:00 a 21:00 horas para o funcionamento e de 21:3 horas para a recollida, e non se permitirá en ningún caso a invasión das beirarrúas por vehículos nin o cravo de piquetas no chan.

O Concello de Cabanas organizará os postos de xeito que se respecten os accesos ao Piñeiral e outros elementos do mobiliario urbano, así como cun distanciamento suficiente de acordo coas medidas sanitarias pola COVID-19 vixentes no momento de celebrarse a feira.

Descarga | Instancia (formato pdf) | Instancia (formato editable)

Share.

Comments are closed.