Sábado, Abril 20

Aberta a inscrición para o II Torneo de Tenis Praia de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de deportes do Concello de Cabanas informa da apertura do prazo de inscrición para o II Torneo de Tenis Praia de Cabanas, un evento orgnaizado por Smash Padel 4 que terá lugar na Praia da Madalena os días 19, 20 e 21 de agosto.

Para a proba Open establécense diversas categorías (feminina, masculina, mixta, pais e fillos, sub 12 e sub 16), con prezos de inscrición de 15 € para unha categoría, 20 € para dúas categorías e de 8 € para as categorías sub 12 e sub 16.

As persoas interesadas en participar deben facelo chamando por teléfono ao 981 396 501 ou a través da web ibertenis.com.

Desde o Concello de Cabanas anímase á veciñanza a participar nesta actividade deportiva “que se celebra nun marco incomparable como é a Praia da Madalena”.

Share.

Comments are closed.