Domingo, Setembro 26

Aberta a inscrición ao programa formativo “Márketing dixital, empregabilidade e cooperativismo”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que a Fundación Paideia Galiza, co apoio da Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña, ten aberta a inscrición ao programa formativo “Márketing dixital, empregabilidade e cooperativismo”, que se celebrará entre os meses de setembro e decembro no Centro Cultural Casa Dopeso, no concello de As Pontes.

Trátase dun programa de formación para mozas e mozos desempregadas, menores de 30 anos, que se formarán en márketing dixital, e tamén en fórmulas de traballo cooperativo. Ademais de recibir máis de 250 horas de formación, as persoas participantes realizarán un traballo final en grupo propoñendo un modelo de cooperativa dirixida ao sector do márketing dixital, e o proceso máis destacado recibirá apoio durante un ano para a súa posta en marcha, incluíndo gastos de constitución e salarios. Ademais, terán o apoio de Ernst & Young, a consultora internacional, para a procura de clientes e o día a día da xestión da cooperativa.

Información destacada:

Share.

Comments are closed.