Aberta a inscrición ao I Torneo de Tenis Praia de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de deportes, informa de que vén de abrir o prazo de inscrición ao I Torneo de Tenis Praia de Cabanas, unha proba federada do Circuíto Galego de Tenis Praia organizada por Smash Padel 4 que se celebrará na praia da Madalena os días 23, 24 e 25 do próximo mes de xullo.

Para a proba Open establécense diversas categorías dobres: feminina, masculina, mixta, sub 10, 12 e 14, sendo os prezos de inscrición de 15 € para unha categoría, 20 € para dúas categorías e 8 € para as categorías sub 10, 12 e 14.

“A celebración deste I Torneo de Tenis Praia na Madalena é unha oportunidade para a práctica de deporte ao aire libre nun entorno privilexiado”, indicou Carlos Ladra, alcalde e concelleiro de deportes cabanés.

Aquelas persoas interesadas en participar teñen de prazo até o próximo 21 de xullo ás 21.00h para inscribirse, e poden facelo a través da web ibertenis.com ou chamando por teléfono ao 981 396 501.

Share.

Comments are closed.