viernes, diciembre 13

A Xunta prohíbe fumar na rúa cando non se poida manter a distancia de seguridade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Xunta publicou onte, a través do DOG 161-Bis, a ORDE do 12 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Nela establece a prohibición de fumar nas rúas e terrazas de Galicia sempre que non se poida manter a distancia de seguridade de 2 metros con outras persoas. O texto concreto da orde é o seguinte:

«10º) No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas».

Consulta | DOG nº 161-Bis.

Share.

.