A TVG estrea o capítulo de “Desertores do Asfalto” adicado a Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Cabanas será o concello protagonista do último capítulo da primeira tempada do programa “Desertores do Asfalto”, un formato da TVG elaborado pola produtora NÓS e presentado Rocío Barrio, no que combinan as historias de persoas que desertaron de marchar e quedaron para traballar na súa terra coas de aquelas outras que chegaron para quedar e sumar.

O programa rematou de rodarse antes do confinamento, e no caso de Cabanas achegará ao espectador ás historias do ebanista Davide Otero (Mundo Piquelo), a orfebre Rosa Higuero, a profesora Isabel García ou asociación de mulleres Cabanas Rural.

Na emisión final, que se estrea este domingo 2 de maio ás 20.15h na TVG, poderanse ver non só as historias que as participantes compartiron coa presentadora Rocío Barrio, senón tamén as súas impresións, xa que o equipo de “Desertores do Asfalto” visitou de novo os lugares que percorreu para a gravación para facer unha proxección en primicia e comentar os resultados.

“Desertores do Asfalto descubrirá aos espectadores o entorno privilexiado que temos en Cabanas, tanto para visitar como para establecer unha forma de vida”, sinalou o tenente alcalde e responsábel da área de turismo, Iago Varela.

Share.

Comments are closed.