Sábado, Abril 20

A subdelegada do Goberno, María Rivas, destacou a inversión de 1,15 millóns de euros na reparación da ponte do tren na súa visita ás obras

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou esta mañá a inversión de 1,15 millóns de euros na reparación e mellora da ponte metálica sobrea desembocadura do río Eume, que une Cabanas con Pontedeume.

María Rivas supervisou as obras acompañada polos alcaldes de Cabanas, Carlos Ladra, e Pontedeume, Bernardo Fernández, ademais do subdirector de Infraestruturas e Vías de Adif, Ignacio Meana. Este último foi o encargado de explicar o contido dos traballos que se están a executar na ponte.

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias destina 1.149.245,3 euros a esta actuación, que se executa en horarios de mantemento coa fin de non alterar o tráfico ferroviario na liña Betanzos Infesta – Ferrol. Está previsto que os traballos conclúan no primeiro semestre de 2023.

María Rivas destacou que esta é unha das obras que amosan o compromiso do Executivo coa cidadanía e coa provincia. “O Goberno responde a unha demanda dos gobernos locais, que nos fixeron ver esta necesidade. Facemos que dous concellos separados polo río Eume estén un pouco máis preto e continúen coa súa sintonía de sempre”, detallou.

Detalles da actuación

Adif está levando a cabo un programa sistemático de Inspeccións Principais, Inspeccións Especiais e Probas de Carga das pontes metálicas do conxunto da súa rede, mediante campañas anuais. Durante as inspeccións previas realizadas en 2020 e 2021, detectáronse na parte metálica da ponte sobre a desembocadura do río Eume diversos focos de corrosión moi localizados que, sen afectar á seguridade da estrutura, ocasionaban perforacións e perdas de sección, deterioro da pintura e un grao de oxidación xeral alto.

Polas súas caracterísitcas, a complexidade das tarefas de mantemento desta ponte é elevada. Ao tratarse dunha estrutura metálica composta por multitude de pequenas pezas metálicas empresilladas, é especialmente sensíbel á corrosión, sobremaneira nun entorno tan agresivo como é no que se atopa.

Coa fin de reparar as deficiencias sinaladas e asegurar a funcionalidade da estrutura, estanse a executar as seguintes actuacións:

Na estrutura metálica:

  • Decapado e pintura da ponte, con aplicación dun novo sistema de protección das superficies metálicas, de durabilidade alta e capa de acabado mediante fluoropolímeros.
  • Nas vigas principais, sustitución das presillas de montantes e diagonais que presentan perforacións ou graves perdas de sección.
  • Reforzo dos montantes e diagonais, así como das seccións do cordón inferior, en ditas vigas principais.
  • Reparación das perforacións na chapa de ás de vigas, nas almas das viguetas e nas unións largueiro – vigueta e viga principal – vigueta.
  • Reforzo dos elementos de arriostramento superior e inferior, e das presillas perforadas localizadas no primeiro.
  • Reparación de fisuras en ás superiores de largueiros e viguetas.
  • Corrección do desprazamento de pezas nos apoios móbiles de pilas 1 e 2 e estribo 1.

Paseos de servizo da ponte

  • Substitución dos larguerios de sustentación dos paseos de servizo interiores da estrutura.

Como medida de protección medioambiental, durante o transcurso das obras dispóñense de lonas plásticas e xeotextís na zona inferior do complexo andamiaxe instalado, coa fin de evitar calquera verquido ou caída de elementos desde a plataforma á ría.

Sobre a ponte

A ponte metálica sobre a desembocadura do Eume, de 150,9 metros de lonxitude, consta de tres vans en celosía de 39,68 m + 68,88m + 39,68 m, con vigas principais de tipoloxía “cruz de Santo André” de canto variábel e separadas 5,20 metros, e tableiro inferior sustentado por pilas e estribos de fábrica de sillaría. A estrutura é de aliñación recta e discurre entre os concellos de Cabanas e Pontedeume.

Share.

Comments are closed.