A palabra tomará o protagonismo o domingo no “Troula da verba”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A última xornada das Festas de Santa Marta estará protagonizada pola palabra en todas as súas formas no Troula da Verba, un festival organizado por Lúa Vila e Marcos Filgueiras que se celebrará a partir das 19 h, con reserva previa enviando os datos das persoas participantes (nomes completos e teléfono de contacto) ao correo cultura@cabanas.gal.

No evento haberá música, coa presenza do profesor, cantautor, compositor e musicólogo Xosé Luis Rivas, máis coñecido como “Mini Rivas”, e o músico e filólogo Diego Rodríguez, vocalista de Virginia Red, banda local que tamén participará na xornada do sábado xunto con Termita e A Banda da Loba.

Tamén haberá espazo para a poesía, cos recitais que nos ofrecerán as poetas Lúa Vila, Tania Yáñez, María Gómez, Paula Antía Rey e Marcos Filgueiras, ademais da presentación das revistas Mazarelos, a cargo de Roque Sanfiz e Marcos Filgueiras, e dos libros Namoradeiras entre a pel, de Tania Yáñez, e Santoamaro, de Antonio M. Fraga.

Share.

Comments are closed.