A ITV agrícola visitará Cabanas os días 19 e 20 de decembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa á veciñanza de que a Unidade Móbil da ITV agrícola desprazarase até Cabanas os días 19 e 20 de decembro de 2022, situándose na explanada xunto ao Pavillón Municipal de Lavandeira.

O horario de atención será de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas o luns 19, e unicamente no horario de mañá o día 20 de decembro.

As persoas interesadas en acudir cos seus vehículos agrícolas a este servizo deberán solicitar cita previa, a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.

Share.

Comments are closed.