A Deputación licita por 26.933 euros a redacción do proxecto para mellorar a seguridade viaria na DP-1502 en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Deputación da Coruña acaba de sacar a licitación por 26.933 euros a redacción do proxecto que permitirá mellorar a seguridade viaria na DP-1502 de Porto a Laraxe, no concello de Cabanas.

A través desta iniciativa, o ente provincial pretende ampliar unha estrada provincial que na actualidade conta cun ancho reducido, inferior aos 5 metros, o que dificulta o cruce de vehículos. Ademais, tampouco dispón de beiravías nin zonas habilitadas para o tránsito peonil. Para dar solución a esta situación, a Deputación analizará con este estudo a ampliación da plataforma co obxectivo de ofrecer un itinerario máis seguro aos vehículos que circulen pola zona.

Á súa vez, a actuación tamén debe incluír a construción dunha senda peonil no tramo no que se van realizar os traballos, que abrangue desde o remate da travesía executada nunha primeira fase (PK 0+970), ata final da estrada na intersección coa vía N-651 (PK 2+305).

A redacción do proxecto contará cun prazo de catro meses e as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o 28 de setembro.

Share.

Comments are closed.