sábado, noviembre 2

A celebración de Santa Marta iníciase coa apertura da feira

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A apertura da feira, no Paseo da Madalena, inicia os festexos de Santa Marta no Concello de Cabanas, unha celebración que este ano conta cunha programación adaptada aos tempos da COVID-19.

A feira poderase visitar de venres a domingo, entre as 11 e as 21 horas, e nela atoparanse artigos de artesanía, de alimentación e tamén outros produtos variados. Ademais, o domingo haberá un posto de polbo á feira.

En canto á programación festiva, para o sábado a partir das 17 horas está previsto a actuación do Mago Romarís co seu espectáculo “Maxia á Feira”, e desde as 20 horas os Festicultores farán unha actuación musical a modo de pasarrúas. O domingo está previsto a celebración da romaría, e aínda que non haberá carpa, desde o Concello animan á veciñanza a xantar no Piñeiral, mantendo todas as medidas de seguridade en canto ao uso de máscaras, tamaño dos grupos e distancia interpersoal. A nota musical virá dada pola actuación do pasarrúas Latexo a partir das 15.30h.

Cine ao aire libre

A previsión de choiva fixo cancelar proxección de “Quen a ferro mata”, no cinema ao aire libre previsto para a noite de hoxe, venres. Con todo, mantense o pase de “Los Futbolísimos”, un filme para todos os públicos que se proxectará o domingo ás 22.30h.

Share.

.