Sábado, Febreiro 4

A Cabalgata de Reis percorrerá Cabanas os días 5 e 6 de xaneiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A A.C.R Cabalgata de Reis de Cabanas organiza, en colaboración coa área de cultura do Concello de Cabanas, a tradicional Cabalgata de reis, que percorrerá o termo municipal de Cabanas os días 5 e 6 de xaneiro.

O xoves 5 de xaneiro a comitiva real iniciará o seu percorrido no Paseo da Madalena, onde fará unha parada ás 17.00h nas inmediacións de “Super Pepucha”. A continuación dirixirase pola Avenida do Areal cara o Concello de Cabanas (17.30h), para achegarse despois até o local social de Lavandeira (19.00h) e o de San Martiño (20.00h).

O venres 6 de xaneiro, e tras ter percorrido o mundo enteiro de madrugada repartindo felicidade, os Reis Magos e o seu séquito regresarán de novo a Cabanas, onde entregarán agasallos ás crianzas, nun percorrido que os levará a facer paradas no Pavillón de Lavandeira (11.15h) e no local social de Laraxe (13.15h), para posteriormente regresar a Oriente, pasando antes por San Martiño do Porto.

Desde o Concello de Cabanas lembran que estes horarios son aproximados, e indican que durante a súa visita a Cabanas os Reis Magos e os paxes que os acompañan repartirán caramelos sen glute entre as crianzas. De cara a recibir agasallos nas súas casas, desde o Concello de Cabanas recomendan deixar un avituallamento baixo á árbore a base de produtos de proximidade mercados no comercio local.

Share.

Comments are closed.