Sábado, Decembro 3

A Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Cabanas colaboran nos espazos sen fume

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Cabanas asinan un convenio de colaboración na prevención do tabaquismo e na instauración de hábitos de vida saudables. O acordo decreta varios puntos do municipio como espazos libres de fume de tabaco, medida coa que se pretende xerar lugares máis saudables para tódolos veciños e veciñas.

O convenio foi subscrito esta semana nun acto no que estiveron presentes o alcalde, Carlos Ladra, xunto con Isabel Estevan e Mabel Sanesteban, presidenta e vicepresidenta, respectivamente, da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ferrol.

Preto de 20 novos Espazos Libres de Fume en Cabanas

Mediante esta acordo, o Concello establece como espazos libres de fume preto de 20 puntos, unha importante medida para a saúde pública, xa que o tabaco é o causante de 1 de cada 3 casos de cancro.

Os espazos, que contarán con sinalización da Asociación Española Contra o Cancro, son o Parque do Areal; Parque do Concello; Parque de Irís; Parque Pedra do Couto; Parque de Santa Cruz; Parque de Laraxe; Parque de Lavandeira; Parque das Modias; Piñeiral da Madalena; inmediacións do Pavillón de Lavandeira; inmediacións do Pavillón de Porto; Área Recreativa da Veiga; Casa da Cultura (Escola Laica); Centro de Interpretación do Medio Mariño; Locais Sociais (escolas unitarias de Irís, Laraxe, Lavandeira e As Viñas).

Ademais, a Asociación realizará en Cabanas diversas actividades para difundir entre a veciñanza mensaxes de prevención do tabaquismo, de hábitos de vida saudables e dos servizos e programas que de forma totalmente gratuíta a Asociación ofrece.

Share.

Comments are closed.