A activista salvadoreña Laura Herrera defendeu en Cabanas unha xestión feminista da auga

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A activista salvadoreña Laura Herrera, responsable do Programa Feminismo e Xustiza Ambiental da Colectiva Feminista Para o Desenvolvemento Local, denunciou esta semana en Cabanas as consecuencias que ten para El Salvador a mala xestión dos recursos naturais e para explicar en qué consiste o movemento salvadoreño para a xestión popular da auga, así como as sinerxias que se xeraron para tecer este movemento a nivel municipal e social.

A activista defendeu o dereito humano á auga, por riba dos intereses empresariais, e falou sobre o traballo que se realizan nas comunidades rurais de El Salvador co alcalde de Cabanas, Carlos Ladra Brage; co 1º Tenente de Alcalde e concelleiro de medio ambiente, Iago Varela Martínez; coa 2º Tenente de Alcalde e concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez Ferreiro; coas concelleiras de muller, igualdade e LGTBI, Paula González Grueiro, servizos sociais, Diana Rodríguez Fernández, servizos, sostenibilidade e medio rural, Eva García Amor; e mais coa educadora familiar Felicidad González Tenreiro e coa estudante en prácticas do CS de Integración Social Zaira Rey Vázquez.

Os membros da corporación valoraron a dimensión municipalista da proposta e salientaron a importancia da organización social “en rede”, reflexionando sobre o importante papel que desenvolven as mulleres do rural en Cabanas e valorando moi positivamente a experiencia da organización salvadoreña.

Laura Herrera presentou os resultados da Escuela de lideresas por la defensa ambiental que a Colectiva Feminista desenvolveu ao longo do último ano no Departamento de Cuscatlán, coacompañamento da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e co financiamento do Fondo Galego de Cooperación.

A activista salvadoreña contextualizou a situación medioambiental que están a vivir moitos dos países latinoamericanos e como as nosas pautas de consumo xeran impactos negativos en países como El Salvador. E explicou os mecanismos de participación cidadá que promoveu a Colectiva Feminista para visibilizar esta situación, como a Consulta Popular polo Dereito Humano á Auga, que pretende regular as actividades que afectan a xestión integral da auga, garantindo a súa sustentabilidade e que a poboación sexa prioridade na súa distribución.

Tanto Agareso como o Fondo Galego de Cooperación buscan, con estas visitas aos concellos galegos, dar a coñecer os resultados do proxecto, vincular as loitas de Sur coas que se están a dar en Galicia, e sensibilizar tanto aos concellos, como aos medios de comunicación e os movementos sociais da necesitade de xerar sinerxias para que estas loitas poidan ter impacto.

Share.

Comments are closed.