A ITV agrícola visitará Cabanas os días 23 e 27 de decembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que a Unidade Móbil 3 (UM3) da ITV agrícola desprazarase até Cabanas os días 23 e 27 de decembro de 2021, situándose ao carón do Pavillón Municipal de Lavandeira.

O horario de atención deste servizo será de 09.00 a 13.30h o día 23, e de 09:00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00h o día 27 de decembro.

As persoas interesadas en acudir cos seus vehículos agrícolas a este servizo poderán solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

Share.

Comments are closed.